Spoiler Científico Star Wars

Posted on Posted in Misión cumplida, presentacion mision historial

Spoiler Científico 11 marzo Coruña

IMG-20161029-WA0108

O ciclo de divulgación Spoiler científico, organizado polos Museos Científicos Coruñeses, regresa o vindeiro sábado, 11 de marzo. A Domus acollerá, desde as 17.30 horas, o primeiro relatorio deste 2017, no que o astrofísico Borja Tosar e o xornalista Xavier Fonseca analizarán a ciencia dunha das sagas máis coñecidas da historia do cine, Star Wars. Na sesión, cuxa entrada é libre até completar a capacidade do auditorio, tamén estará presente a Tropa Korriban, a asociación galega de seareiras e seareiros das películas.

Esta será a segunda ocasión na que a serie de filmes sexa obxecto de estudo nun encontro do ciclo, no que tamén se avaliaron os acertos, erros e aproximacións científicas e tecnolóxicas de traballos cinematográficos como Star Trek, Superman ou Regreso ao futuro.

Por outra banda, a Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, dirixida por José Manuel Sande, lembra que o próximo mércores 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a entrada ao Aquarium Finisterrae, Casa das Ciencias e Domus será gratuíta co gallo da festividade local. Para máis información sobre os horarios e exposicións temporais dos Museos Científicos Coruñeses, pode visitarse a páxina web www.mc2coruna.org/gl.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *